Mostrando entradas con la etiqueta CLUB DE LECTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CLUB DE LECTURA. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de mayo de 2026

Macbeth

 O alumnado de 5.º e 6.º de primaria está lendo unha adaptación en inglés de Macbeth, o drama de Shakespeare do que farán unha curtametraxe.



 




lunes, 26 de enero de 2026

Bodas de sangre

 O xoves pasado celebramos a primeira reunión do club de lectura de adultos deste curso na cafetería Merey de O Carballiño, na que falamos da obra dramática de Lorca Bodas de sangre e da situación das mulleres en España na obra, na época na que está situada a peza de Lorca e na actualidade. Moitas grazas a todas as nais e profesoras que asistiron á reunión!



 

viernes, 5 de diciembre de 2025

Club de lectura

A reunión do club de lectura será o próximo xoves, 11 de decembro, na cafetería Merey (O Carballiño). Comezará ás 16:30 e rematará arredor das 18:00. Se quixera asistir aínda alguén que non se apuntara está a tempo de facelo. Só sería necesario avisar antes do xoves a través de Abalar ou chamando ao colexio.


miércoles, 26 de noviembre de 2025

Bodas de sangre

 Mercamos dous exemplares de Bodas de sangre, de Federico Gracía Lorca, para o club de lectura de adultos do colexio.


 

viernes, 14 de noviembre de 2025

Club de lectura

 Fomos seleccionados na convocatoria do programa de clubs de lectura deste ano. Ao igual que o curso pasado volveremos facer un club de lectura para as familias e o profesorado do colexio. Este trimestre leremos a obra de teatro de Lorca "Bodas de sangre". Mercaremos varios exemplares para o colexio, pero ao pasar xa máis de 80 anos do asasinato de Lorca as súas obras están libres de dereitos de autor, polo que tamén se pode ler a obra gratuitamente na páxina web do Instituto Cervantes: https://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/bodas-de-sangre-775113/html/ A reunión será despois da ponte de Nadal, pero non será necesario confirmar a asistencia ata algúns días antes, para que en función de canta xente asista a celebremos nun sitio ou noutro. A primeiros de decembro volveremos enviar unha mensaxe por Abalar para informar da data da reunión e para que as familias que esteades interesadas en asistir o poidades confirmar.


 

miércoles, 8 de mayo de 2024

CLUB DE LECTURA DE 3º E 4º: BOCA DE ARAME

Boca de arame (Ler é vivir)
Aos nenos e nenas de 3º e 4º encantoulles "Boca de arame" de Alberto Urkaray, e é que a algún sentíruse identificado coa nosa protagonista.








 

jueves, 18 de abril de 2024

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS: O SOUTO DOS CATRO VENTOS

 Hoxe reunímonos en Ernesto Patio bar no Carballiño, para faltar do libro de María Oruña "O souto dos catro ventos"e a verdade disfrutamos dunha tarde de tertulia marabillosa, ainda que non a todas as que nos reunimos nos cegase da mesa maneira todas coincidimos en que nos quedaron ganas de visitar o Parador de Santo Estevo.






viernes, 5 de abril de 2024

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 5º E 6º: WOMBO COMBO

WOMBO COMBO | PAULA CARBALLEIRA | Casa del Libro


Hoxe tivemos a reunión do Club de lectura de 5º e 6º, do libro de Paula Carballeira Wombo Combo.

Estivo moi entretida, casi tanto como o libro. A todos nos gusto moito e coincidimos en que ler teatro tamén é super divertido. E dennos para debatir sobre a amizade, as redes sociais e os videoxogos e a repercusión que teñen estes sobre a forma de relacionarnos.

Decidimos entre todos que a curta que imos a facer para o festival de cine será unha adaptación desde libro.



miércoles, 13 de marzo de 2024

CLUB DE LECTURA 3º E 4º: CONEXIÓN MACARRÓN

Conexión Macarrón (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante)

Hoxe tivemos a reunión do Club de Lectura do alumnado de 3º e 4º sobre o libro de Ledicia Costas "Conexión Macarrón". Como hacía bo tempo decidimos facela no areeiro do parque municipal.





Todas e todos coincidimos en que a lectura deste libro foi moi divertida e entretida.
E escollemos estas duas páxinas como as preferidas desde libro nas que falta sobre a amizade e a importancia de quererse a un mesmo e de soñar.



 

jueves, 7 de marzo de 2024

CLUB DE LECTURA de 3º e 4º: CONEXIÓN MACARRÓN

Conexión Macarrón de segunda mano por 6 EUR en Caldas de Reis en WALLAPOP

 O próximo mércores teremos a reunión do Club de Lectura de 3º e 4º.

Non podes faltar!!!


viernes, 19 de enero de 2024

CLUB DE LECTURA DE 3º E 4º

Hoxe foi a reunión do club de lectura dos nenos e nenas de 3º e 4º, para falar do libro "Andrés no espello".




Falamos do que máis nos gustara a cada un de nós do libro, das súas ilustración e do que nos parecía o comportamiento de Andrés con súa nai e co ser amigo.





E finalmente repartimos o seguiste libro que leremos: "Conexión macarrón" de Ledicia Costas

jueves, 18 de enero de 2024

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Hoxe tivemos a 1º xuntanza do club de lectura de adultos, onde falamos sobre a novela de Arantza Portabales "A vida segreda de  Úrsula Bals" e a verdade foi un rato ben enriquecedor.

Moitas grazas aos asistentes por este ratiño tan marabilloso!!!

jueves, 11 de enero de 2024

CLUB DE LECTURA DE 5º E 6º

 


 Hoxe xuntámosnos na biblioteca do cole os nenos e nenas do club de lectura de 5º e 6º para falar sobre o libro "Os animáis da granxa" e, a verdade, desenvolveuse un interesante debate sobre o xusto e o inxusto e de como o poder cambia e corrompe aos animais e "incluso" as persoas.
Moitas grazas amigos lectores por este ratito ten interesante!!!!












 

martes, 19 de diciembre de 2023

FESTIVAL DE NADAL: A GRANXA DOS ANIMAIS. PROGRAMA DE MAN

Como sabedes o libro que limos no club de lectura de 3º e 4º foi "Rebelión en la Granja" e no de 5º e 6º "Os animáis da Granxa" de George Orwell.
Fixemos unha adaptación a un texto teatralizado.
Todo está listo para o noso festival de Nadal, so faltas ti.

Esperámosvos mañán 20 de decembro as 14:00 no salón de actos do colexio.



viernes, 15 de diciembre de 2023

DIORAMAS DO LIBROS LIDOS ESTE TRIMESTRE

 Ao longo de este trimestre os alumnos e alumnas leerán un libro elegido por eles e cada un fixo un diorama do seu libro.

Aquí vos deixo os de este trimestre.

A verdade é que lle quedaron preciosos!!!