O Día da Poesía celébrase o 21 de marzo desde 1999 ano no que na 30º Conferencia Xeral de París a UNESCO decidiu adoptar por 1º vez este día para conmemorar unha das formas máis preciadas da expresión, identidade e lingüística da humanidade.
A poesía foi practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, e fala da nosa humanidade e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e da paz.
O Día da Poesía é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitado de poesía, promover a lectura, a escrita...é por todo esto que os rapaces do Irixo quixeron compartir con todos vós este recitado:
Hoxe fomos a coñecer a biblioteca pública de Ourense. Alí recibiunos Antón, un bibliotecario ben amable e simpático que nos guiou pola biblioteca e nos explicou o sea funcionamento.
Tamén puidemos obter o carné, todos os que aínda non o solicitáramos, e continuos que con ese carné podríamos sacar libros e material audiovisual en calquera das bibliotecas de Galicia.
Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller, na escola levamos unha semana traballando sobre a importancia das mulleres máis cercanas e resaltamos o seu apoio, axuda e cariño.
Cada un de nós eleximos a unha de esas mulleres que tanto nos coidan, as que admiramos e queremos.
Aquí vos deixamos un video no que cada neno e nena vos presenta á muller da súa vida e o porqué de que a quieran tanto, esperamos que o disfrutedes.