O Día da Poesía celébrase o 21 de marzo desde 1999 ano no que na 30º Conferencia Xeral de París a UNESCO decidiu adoptar por 1º vez este día para conmemorar unha das formas máis preciadas da expresión, identidade e lingüística da humanidade.
A poesía foi practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, e fala da nosa humanidade e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e da paz.
O Día da Poesía é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitado de poesía, promover a lectura, a escrita...é por todo esto que os rapaces do Irixo quixeron compartir con todos vós este recitado:
No hay comentarios:
Publicar un comentario