CURSO 2013-2014

FESTIVAL EVOLUCIÓN


Momento da actuación final
     Este pasado xoves celebramos un ano máis o Festival das Letras Galegas, nesta edición titulámolo "EVOLUCIÓN", xa que a través das distintas etapas da Prehistoria e da Historia realizamos unha longa e variada retahila de actividades tanto musicais como teatrais. O máis importante e que nenos e mestres estiveron unha vez máis á altura das circunstancias. Os pais viron aos seus fillos como se desenvolveron nos escenarios, igual no futuro temos algún artista famoso. Si queredes ver as fotos do evento premede aquí. Algúns vídeos xa os podedes ver en EVOLUCIÓN


FESTIVAL LETRAS GALEGAS



     O próximo xoves 28 de maio celebraremos un ano máis o festival das Letras Galegas, haberá cancións , obras de teatro e unha grande variedade de actividades. Tódolos pais e familiares están invitados e agardamos que unha vez máis se vaian cun sorriso nos beizos


A DIETA DO QUIXOTE

     O xoves dez de abril, a compañía Limiar Teatro, fixo unha representación teatral baseada na dieta mediterránea do Quixote. Foi unha sesión de Animación á Lectura na que os nenos aprenderon moitas cousas. Máis información


UN CHOCOLATE MUY ESPECIAL


 Esta sesión de animación á lectura, estivo moi interesante, coincidíu co día da Paz, en primeiro lugar, fixemos unha lectura e visualización do conto, os nenos foron vendo a través de imaxes todo o conto. Despois distribuidos en grupos tiveron que elexir as palabras marcadas en negrita que aparecen máis abaixo.

  
     Unha vez que escolleron a palabra en negrita, usando o diccionario dos distintos idiomas tiñan que escoller esa palabra en outro idioma, e poñela en outro idioma, nun "ollo de pavo", para colocalo máis tarde no mural do Pavo Real

     Cando os nenos xa teñen os ollos acabados, procedemos a pegalos no pavo real.














FONCHITO Y LA LUNA


Como todos os últimos venres de mes, no Colexio de O Irixo, celebramos una nova sesión de animación á lectura. Partindo da obra orixinal de Mario Vargas Llosa " Fonchito y la Luna", e despois da súa lectura, a través dunhas sinxelas actividades e unha plantillas que se lle deron aos nenos fixemos un libro moi bonito sobre distintas visións da lúa


O FANTASMA BURLÓN



O derradeiro día de outubro celebramos unha sesión nova de animación á lectura, esta vez correspondeulle aos alumnos de 4º, 5º e 6º, baixo as directrices da súa titora a realización de " FANTASMA BURLÓN", unha adaptación e formato de monecreques que resultou moi interesante e atractiva para os nenos do Colexio






LECTARURANTE    

Foi unha xornada moi interesante de Animación á Lectura onde tódolos nenos se convertiron en comensais moi especializados, e onde os mestres se convertiron por un día en camareiros deste Lectaurante tan animado



No hay comentarios: