viernes, 9 de septiembre de 2022

CONTACONTOS "Ciberseguridad con Sofía"

Hoxe contamos no colegio coa compañía  “Polo correo do vento” (Carlos, Antón e Quique) que nos deleitaron co conto ilustrado "Ciberseguridad con Sofía" co que os nosos alumnos e alumnas pudieron acompañar a  Sofía na resolución da súas inquedanzas para desfrutar da informática e da rede dunha maneira segura e identificar os perigos e riscos que poden darse neste entorno dixital.

Por medio desta historia, compartiron cos máis pequenos e pequenas consellos e recomendacións básicas para un uso responsable da identidade en Internet, a publicación de imaxes en redes sociais, a xestión de contrasinais ou a identificación de noticias falsas; o tempo que difundiron valores esenciais de comportamiento no ciberespacio: sentido común, respeto e empatía.

Esta actividade dentro da MOBILE WEEK OURENSE enmárcase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Inxeniería en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega.