Repartimos varios pasaportes lectores entre o alumnado de primaria para que poida levar conta dos libros que vai lendo ao longo do curso tanto no colexio coma na casa.
BIBLIOGRETA. CEIP VIRXE DA PENA DA SELA
Buscar neste blog
domingo, 8 de noviembre de 2026
jueves, 29 de octubre de 2026
lunes, 26 de octubre de 2026
Maleta viaxeira sobre teatro
Dende o luns 26 de outubro temos no colexio unha nova maleta viaxeira chea de libros sobre teatro. Pódese consultar nesta ligazón a listaxe dos libros que contén a maleta, que estará unha semana en cada clase de primaria para que todo o alumnado poida desfrutar dela.
viernes, 16 de octubre de 2026
miércoles, 7 de octubre de 2026
Obradoiro de "lettering"
Hoxe fixemos a primeira sesión dun obradoiro sobre lettering (caligrafía) no espazo Maker da biblioteca. Participou parte do alumnado de 3.º e 4.º. Os próximos mércores 14, 21 e 28 o alumnado do resto de primaria que queira apuntarse poderá tamén participar nalgunha das sesións que quedan pendentes.
domingo, 4 de octubre de 2026
Mochilas viaxeiras
Este venres repartimos as primeiras mochilas viaxeiras deste curso escolar. Todas levan libros en galego, castelán, inglés, de consulta (sobre animais, plantas, ciencia...), de poesía, de música, para as familias do alumnado, unha revista e, como novidade, un xogo didáctico.



















