ANIMACIÓN LECTURA


     Neste vídeo que podedes ver aquí mostrámosvos o que fixemos dende o Colexio de O Irixo para animar aos nenos a ler

 


A partir da lectura do libro RUÍDO de Pablo Albo, un mundo de onomatopeias nas que tódolos nenos e nenas desfrutaron moito. Unha vez que finalizou a lectura por parte da mestra Rosa, cada neno recibíu unha onomatopeia escrita e tiña que introducila dentro do texto que  tódolos nenos ían inventando. Foi unha experiencia moi bonita e divertida na que os nosos alumnos desfrutaron do lindo.






 


  






O mércores 29 de outubro celebramos no noso colexio unha sesión de Animación á Lectura, esta vez foi dedicada ao Samaín, a actividade foi realizada durante toda a tarde e participaron tódolos nenos do Colexio. En primeiro lugar proxectamos a película A bruxa regañadentes 


Despois desta visualización os nenos do Colexio,  e repartidos en grupos moi heteroxéneos agás EI que estiveron sos realizando uns debuxos relacionados coa película, realizaron unha actividade relacionada coa película na que lle tiñan que poñer continuidade á historia da bruxa, ao final cad grupo tivo que ler o seu final e saíron historias moi interesantes e divertidas. As imaxes da sesión podédelas ver premendo en imaxes da Bruxa Regañadentes




 Este xoves dez de abril, a Compañía de Teatro Limiar realizou no noso Colexio, a representación A dieta do Quixote. Esta creación teatral, de pequeno formato, quere acercar aos máis cativos as bondades da dieta mediterránea, e duns hábitos alimenticios saudables.
 pretexto están as aventuras do famoso Hidalgo Don Quixote da Mancha, pois a obra do Quixote está intimamente relacionada coa Dieta Mediterránea, ao largo dela hai moitas referencias a pratos, receitas e opinións sobre diferentes alimentos e formas de comer. Podedes ver máis fotos ou tamén ver o vídeo da reprsentación


Fotografía







     



Esta iniciativa do libro viaxeiro nace despois dunha sesión de animación á lectura, despois de crear o libro e despois da aportación de cada neno, faremos que este libro vaia a todas as casas  para ser compartido con todolos membros da familia. Cada día irán aparecendo os nenos que levan o libro para  súa casa.












 


















































 





































No hay comentarios: