lunes, 24 de abril de 2017

Pegada de carteis

Vera fixo estes dous carteis para intentar atopar unha familia que adopte a este cachorro. Seguro que entre todos o logramos porque fotocopiamos oitenta copias e imos pegalos por todo O Irixo, O Carballiño e Ourense.



domingo, 23 de abril de 2017

Adopción de Pelusa

Un dos obxectivos principais da nosa participación no programa de Voluntariado de lectura era o fomento da concienciación sobre a loita contra o abandono de mascotas e en prol da súa adopción. Afortunadamente, e grazas a Andrea e Érich, podemos corroborar que está a ser un éxito a implicación de toda a comunidade educativa neste proxecto que nace na biblioteca do centro, e na nosa colaboración coa protectora de animais de O Carballiño.
¡Estamos de en hora boa!


sábado, 22 de abril de 2017

Perro en adopción

Nuestras amigas de la protectora nos envían estas fotos y este vídeo junto al siguiente mensaje:
"Este precioso grifoncito
de tan sólo 8 meses busca un hogar.
Juguetón y muy cariñoso no se merece estar en la perrera, es un niño enjaulado.
¿Quieres conocerlo?
En O Carballiño(Ourense)
644309065
pacarballino@gmail.com".
Como colaboradores que somos de la protectora le daremos la máxima difusión a esta información.



martes, 18 de abril de 2017

Cartas dende Mos

O pasado venres, 7 de abril, tivemos unha sorpresa moi especial no colexio. Os nosos amigos do CEIP Atín-Cela de Mos enviáronnos varias cartas nas que falaban do seu colexio, dos seus marabillosos blog (saco sen fondo) e mestre (Óscar), e sobre eles. En breve, mandaremos nosas cartas de resposta pero, polo momento, e como adianto, presentamos este vídeo sobre esa xornada tan especial na que recibimos as cartas.
¡Moitas grazas, alumnado de 4º de primaria do CEIP Atín-Cela de Mos!
¡Moitas grazas, Óscar!

miércoles, 5 de abril de 2017

lunes, 3 de abril de 2017

Concurso "Deseña unha xoia para a túa nai"


O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e a Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros convocaron o concurso "Deseña unha xoia para a túa nai". Amosámosvos nesta presentación os traballamos que deseñamos para o concurso. ¡Son todos moi bos e orixinais!

Publicación do noso xornal no periódico "La Región"

Estamos de en hora boa. O 29 de marzo "La Región" publicou o xornal elaborado polo alumnado de cuarto de primaria que, ademais, foi seleccionado como finalista no concurso de "Xornalistas na escola".