Adán, Lara, Rebeca Ríos, Lucía Rodríguez e Noelia recibiron un libro terrorífico como premio por facer as mellores decoracións para celebrar o Samaín . Parabéns!!!
Buscar neste blog
domingo, 31 de octubre de 2021
viernes, 29 de octubre de 2021
Mochilas viaxeiras
Esta semana o alumnado ao que lle correspondía ter durante dúas semanas as mochilas viaxeiras na casa fíxoo con moita ilusión e entusiasmo. Agardamos con moito interese as vosas opinións sobre os libros e películas que levastes.
viernes, 15 de octubre de 2021
viernes, 1 de octubre de 2021
MOCHILAS VIAXEIRAS
Con moita ilusión, hoxe votan a andar, un ano máis, as mochilas viaxeiras cargadas de libros e materiais que esperamos desfrutedes en familia.
Unha actividade de fomento da
lectura enmarcada dentro do Proxecto
Lector de Centro que irán de casa en casa con lecturas para compartir con ilusión
nais, pais, fillos e fillas.
Entregaranse ao alumnado os venres
e terán que ser devoltas o xoves da semana seguinte.
Os obxectivos
que se perseguen con esta actividade son:
-
Dar a
coñecer diversos tipos de libros.
- Posibilitar
a igualdade de oportunidades de información e formación para todo o alumnado.
-
Fomentar a
responsabilidade e o coidado polos materiais.
-
Favorecer e
mellorar o hábito lector do alumnado.
Para levar a cabo esta actividade, dun xeito efectivo e
motivador, necesitamos que non a vexades como deberes senón como un xeito de
compartir, gozar os libros e a lectura en familia. Para que actividade sexa
máis enriquecedora, dentro da mochila, tedes o “Caderno viaxeiro” para que
deixedes escritas as vosas impresións, suxestións, un debuxo, unha poesía, un conto
ou todo aquilo que se vos ocorra. Non esquezades escribir o nome do alumno/a.
Agardamos que compartades con nós algunha as vosas vivencias.