domingo, 20 de diciembre de 2020

O Camiño de Santiago

O luns, ás 14:20 horas, o alumnado do colexio desfrutará do noso festival de Nadal deste ano nas súas aulas. Ás 20:00 horas publicaremos o vídeo completo do festival no noso blog para que todas as familias poidades velo nas vosas casas. Aquí tedes o programa de man do festival:



 

domingo, 13 de diciembre de 2020

martes, 8 de diciembre de 2020

Avance do número 11 da revista "Arracadas"

 O día 22 publicarémola en papel e en formato dixital!!!







domingo, 8 de noviembre de 2020

Reto "Estamos no outono"


Anímate a participar!

Día das Bibliotecas Escolares

O pasado día 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares facendo o que nos pediu Greta


A continuación, podedes ver o ben que quedaron os nosos marcapáxinas:




 
Non podía faltar a entrega dos carnés para poder coller todos os libros que queiramos ler da nosa biblioteca:









 



miércoles, 28 de octubre de 2020

Día das Escritoras 2020

O luns, 19 de outubro, cando chegamos ao colexio tiñamos a seguinte mensaxe de Greta:


 

De súpeto, decatámonos de que era un día moi especial xa que dende a biblioteca do noso cole e coa axuda das mestras iamos coñecer a distintas escritoras galegas e as súas. 


Os alumnos e alumnas de 3 e 4 anos escolleron a Paula Carballeira e fixeron o seguinte traballo:


 

Os alumnos e alumnas de 4 e 5 anos traballaron a Ana Meilán:

 

 
 


Chega o turno do alumnado de 1º de Educación Primaria! Eles/as traballaron a Eva Mejuto e o seu conto "Dez gatiñas viaxeiras".


 

 

A continuación tedes o audioconto de "Dez gatiñas viaxeiras":

 

Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria con moitas ganas e enerxía fixeron uns fermosos traballos sobre Ledicia Costas:



 

De novo, chegou o turno de Paula Carballeira da man do alumnado de 3º e 4º de Primaria:



 

Para ir rematando,o alumnado de 5º e 6º de Primaria fixeron o seguintes traballos sobre Ledicia Costas:



 

domingo, 14 de junio de 2020

O paseo

Claude Monet, o grande impresionista francés, pintou o cadro O paseo en 1872. Mentres non se poida contemplar este retrato dobre da muller do pintor, Camille, e do seu fillo Jean, na Galería Nacional de Arte de Washington, nos Estados Unidos, onde se atopa exposto, polas restriccións vixentes polo estado de alarma, poderase ver unha recreación marabillosa do cadro por parte de Eire e da súa boneca en As Laxas.



lunes, 8 de junio de 2020

Dez piratas

Sabela convértese en dez piratas (e nun papagaio...) nesta trepidante dramatización do libro Dez piratas, de Gloria Sánchez. Collede os vosos sabres e dispoñédevos a desfrutar dunha viaxe inolvidable a bordo dun bergantín...

https://drive.google.com/file/d/13Q8L9vf3jxOuKoMCZ9gWOHg4pqnvVnHx/view


viernes, 5 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe, cinco de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, Gabriel achegouse ao colexio para plantar un romeu e dúas lavandas. Non habería mellor maneira de celebrar este día. Moitas grazas, Gabriel!!!





domingo, 31 de mayo de 2020

La Gioconda

Se acaba de desvelar un gran misterio. Hasta ahora no se sabía con seguridad quién era la modelo que inspiró a Leonardo da Vinci su cuadro más famoso: La Gioconda. Se creía que había sido Lisa Gherardini, esposa de Franceso Bartolomeo de Giocondo. Sin embargo, nuevas investigaciones han arrojado luz definitivamente sobre la identidad de tan espléndida modelo: su nombre es Ariane Luís Nogueira de Irixo. Aquí está la prueba:



viernes, 29 de mayo de 2020

O fillo do home

Cincuenta anos despois da morte do gran pintor surrealista belga Magritte, un alumno de cuarto recrea un dos seus cadros logrando un efecto sorprendentemente similar ao orixinal. Bravo!
Quen será...