CURSO 2014-2015


A partir da lectura de NICOMEDES O PELADO, este maravilloso libro de Pinto & Chinto e publicado pola editorial Kalandraka, contribuíu a realizar unha sesión máis de animación á lectura, como cada último venres de mes reunímonos en torno a un libro que ao final nos fixo desenvolver a nosa imaxinación e nos permitíu potenciar a nosa creatividade. Ao final os nenos e nenas do Colexio fixeron os seus propios Nicomedes. Tódalas imaxes podédelas ver aqui.

   A partir da lectura do libro RUÍDO de Pablo Albo, un mundo de onomatopeias nas que tódolos nenos e nenas desfrutaron moito. Unha vez que finalizou a lectura por parte da mestra Rosa, cada neno recibíu unha onomatopeia escrita e tiña que introducila dentro do texto que  tódolos nenos ían inventando. Foi unha experiencia moi bonita e divertida na que os nosos alumnos desfrutaron do lindo. Para máis información premede aquí


     Os nenos do Colexio do Irixo foron animados a celebrar  dende a biblioteca do Centro a buscar saídas e a resolver conflictos no Día da Paz 2015



O mércores 29 de outubro celebramos no noso colexio unha sesión de Animación á Lectura, esta vez foi dedicada ao Samaín, a actividade foi realizada durante toda a tarde e participaron tódolos nenos do Colexio. Para ver máis información pincha aquí

No hay comentarios: