martes, 22 de junio de 2021

Arracadas

 Xa está publicado en formato dixital o novo volume da nosa revista literaria. Todo o alumnado do colexio recibiu esta mañá, coma pasou con cada unha das revistas anteriores, un exemplar en papel. Parabéns polo gran traballo feito! A desfrutar da lectura dos vosos relatos e traballos!



domingo, 20 de junio de 2021

Xurado do noso IV Festival de Cine

 O próximo martes entregaremos os premios do IV Festival de Cine do CEIP Virxe da Pena da Sela. Os galardóns que se darán serán os de mellor película, unha mención especial á segunda mellor curta, mellor actriz, mellor actor, mellor actriz secundaria e mellor actor secundario. O insigne xurado que decidirá quen merece cada premio estará formado polas seguintes persoas, a quen agradecemos a súa colaboración de corazón:

  • Xulio Dobarro. Autor do libro O Irixo. Patrimonio cultural.


 

  • Rosa Fuentes. Membro da ANPA do centro.

  •  Loli López. Orientadora do colexio

  •  María José Villanueva. Bibliotecaria do concello de O Irixo.


 

Programa de man do IV Festival de Cine do colexio

 



Carteis das curtametraxes participantes no IV Festival de Cine do colexio


   

       
 


sábado, 5 de junio de 2021

Entrega diplomas

 Os participantes no programa de Voluntariado de Lectura-A (todo o alumnado de 5º e 6º) recibiron este venres un diploma e un agasallo en recoñecemento polo seu labor ao longo de todo o curso. O colexio xa premiara a súa dedicación ao regalarlles un libro que seleccionaran previamente entre unha listaxe na que figuraban algún dos mellores títulos da literatura infantil e xuvenil.