Fomos seleccionados na convocatoria do programa de clubs de lectura deste ano. Ao igual que o curso pasado volveremos facer un club de lectura para as familias e o profesorado do colexio. Este trimestre leremos a obra de teatro de Lorca "Bodas de sangre". Mercaremos varios exemplares para o colexio, pero ao pasar xa máis de 80 anos do asasinato de Lorca as súas obras están libres de dereitos de autor, polo que tamén se pode ler a obra gratuitamente na páxina web do Instituto Cervantes: https://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/bodas-de-sangre-775113/html/ A reunión será despois da ponte de Nadal, pero non será necesario confirmar a asistencia ata algúns días antes, para que en función de canta xente asista a celebremos nun sitio ou noutro. A primeiros de decembro volveremos enviar unha mensaxe por Abalar para informar da data da reunión e para que as familias que esteades interesadas en asistir o poidades confirmar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario