Rebeca Baranda explicoulle a parte do alumnado de 4.º e 6.º como xogar a un dos xogos de cartas que hai na biblioteca: Taco, Gorro, Tarta, Regalo, Pizza.
Buscar neste blog
domingo, 30 de noviembre de 2025
miércoles, 26 de noviembre de 2025
Bodas de sangre
Mercamos dous exemplares de Bodas de sangre, de Federico Gracía Lorca, para o club de lectura de adultos do colexio.
viernes, 21 de noviembre de 2025
jueves, 20 de noviembre de 2025
miércoles, 19 de noviembre de 2025
viernes, 14 de noviembre de 2025
Club de lectura
Fomos seleccionados na convocatoria do programa de clubs de lectura deste ano. Ao igual que o curso pasado volveremos facer un club de lectura para as familias e o profesorado do colexio. Este trimestre leremos a obra de teatro de Lorca "Bodas de sangre". Mercaremos varios exemplares para o colexio, pero ao pasar xa máis de 80 anos do asasinato de Lorca as súas obras están libres de dereitos de autor, polo que tamén se pode ler a obra gratuitamente na páxina web do Instituto Cervantes: https://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/bodas-de-sangre-775113/html/ A reunión será despois da ponte de Nadal, pero non será necesario confirmar a asistencia ata algúns días antes, para que en función de canta xente asista a celebremos nun sitio ou noutro. A primeiros de decembro volveremos enviar unha mensaxe por Abalar para informar da data da reunión e para que as familias que esteades interesadas en asistir o poidades confirmar.
















