jueves, 18 de diciembre de 2025

Agasallos para a biblioteca do colexio

 Onte Alexandre, Antón, Ariane, Carolina, Lara, Leo, Lucía Portela, Lucía Rodríguez, Valentina e Yanira aproveitaron a estrea de Pilleite, Carapuchiña! para facernos unha visita. Por se non fose suficiente sorpresa coa alegría que levamos ao volver a velos trouxéronnos varios agasallos: o libro El tiburón de Internet, a guía para iniciarse na observación das árbores Fíjate: árboles, o libro e dominó Era unha vez un dominó e o xogo de tarxetas Splash. Moitísimas grazas!!!




 

domingo, 14 de diciembre de 2025

viernes, 5 de diciembre de 2025

Club de lectura

A reunión do club de lectura será o próximo xoves, 11 de decembro, na cafetería Merey (O Carballiño). Comezará ás 16:30 e rematará arredor das 18:00. Se quixera asistir aínda alguén que non se apuntara está a tempo de facelo. Só sería necesario avisar antes do xoves a través de Abalar ou chamando ao colexio.


domingo, 30 de noviembre de 2025

Obradoiro do xogo de cartas Taco, Gorro, Tarta, Regalo, Pizza

 Rebeca Baranda explicoulle a parte do alumnado de 4.º e 6.º como xogar a un dos xogos de cartas que hai na biblioteca: Taco, Gorro, Tarta, Regalo, Pizza.


 




miércoles, 26 de noviembre de 2025

Bodas de sangre

 Mercamos dous exemplares de Bodas de sangre, de Federico Gracía Lorca, para o club de lectura de adultos do colexio.


 

Mochilas viaxeiras

 



viernes, 21 de noviembre de 2025

jueves, 20 de noviembre de 2025

miércoles, 19 de noviembre de 2025

viernes, 14 de noviembre de 2025

Club de lectura

 Fomos seleccionados na convocatoria do programa de clubs de lectura deste ano. Ao igual que o curso pasado volveremos facer un club de lectura para as familias e o profesorado do colexio. Este trimestre leremos a obra de teatro de Lorca "Bodas de sangre". Mercaremos varios exemplares para o colexio, pero ao pasar xa máis de 80 anos do asasinato de Lorca as súas obras están libres de dereitos de autor, polo que tamén se pode ler a obra gratuitamente na páxina web do Instituto Cervantes: https://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/bodas-de-sangre-775113/html/ A reunión será despois da ponte de Nadal, pero non será necesario confirmar a asistencia ata algúns días antes, para que en función de canta xente asista a celebremos nun sitio ou noutro. A primeiros de decembro volveremos enviar unha mensaxe por Abalar para informar da data da reunión e para que as familias que esteades interesadas en asistir o poidades confirmar.


 

martes, 11 de noviembre de 2025

jueves, 30 de octubre de 2025

martes, 21 de octubre de 2025

domingo, 19 de octubre de 2025

Servizo de préstamo

 Este mes a biblioteca volveu abrir as súas portas para que todo o alumnado do colexio poida facer uso do servizo de préstamo para levar os libros que escolla a casa. O alumnado de 5.º e 6.º de primaria ocúpase da xestión do servizo coa supervisión do profesorado do centro.


 

sábado, 18 de octubre de 2025

Sesión de contacontos

 
 


 
















 

Mochilas viaxeiras

 Este venres repartimos a segunda quenda das mochilas viaxeiras.






 

lunes, 6 de octubre de 2025

Mochilas viaxeiras

 O venres pasado repartimos as primeiras mochilas viaxeiras. Cada unha delas leva libros en galego, castelán e inglés, un libro de poesía, outro de consulta e tamén un libro para as familias do alumnado. A maiores, hai un caderno viaxeiro nas mochilas para que o alumnado poida facer un debuxo ou un conto sobre algún dos libros. Esperamos que vos gusten!!!