Como sabedes, este ano o centro de interese no cole son as emocións.
Ao longo do curso, traballamos as emocións de diferentes xeitos.
É por isto que os nenos e nenas de 3º e 4º escollemos este libro para ler no club de lectura:
Partindo das historias que nel se tratan, as cales lemos en grupo, falamos das diferentes emocións, reflexionamos e facemos diferentes actividades.
Mediante o panel mostrado cas fotos de todo o alumnado, trátase de fortalecer as relacións de aula, o compañeirismo e a autoestima, mediante o reforzo positivo. É moi importante conseguir unha boa autoestima e autoconcepto nas persoas porque iso sempre permitirá acadar todo o que nos propoñamos.
Cando confiamos en nós mesmos e todo máis doado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario