sábado, 5 de febrero de 2022

11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 


O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia.

Na escola seguimos traballando e investigando para dar a coñecer a tantas e tantas mulleres que ao longo da historia fixeron grandes avances científicos. 

Aquí vos deixo dúas reportaxes ben interesante sobre algunha das máis importantes, se pinchades na súa foto contaravos algo das súas vidas.





Tamén vos quero deixar unhas imaxes de mulleres STEAM para colorear, por se vos apetece que algunha de estas mulleres decoren a vosa habitación


martes, 1 de febrero de 2022

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O domíngo 30 foi o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, e durante toda a semana estivemos traballando nas aulas sobre a maneira na que todos podemos conseguir a Paz nas nosas vidas. 
Fixemos debuxos, colgantes, un mural puzzle por aula, traballamos a calma e a concentración con percusión, aprendemos bailes e finalmente saímos ao patio para deixar voar os nosos desexos de Paz, e para escribir entre todos a palabra 💚PAZ💜
Aquí vos deixamos un video resumen.




lunes, 31 de enero de 2022

CONTACONTOS

Moitas grazas Gabriel, Breixo, María e Gabriela polos vosos contos. Encántennos!!



 

viernes, 28 de enero de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Unha semana máis as mochilas saíron cargadas de ilusión para percorrer as vosas casas.













DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ: IMAGINE

 O día 30 celébrase o Día Escolar da Non-violencia e da Paz, no noso cole imos a celebralo o próximo martes.

 Con este motivo as voluntarias e voluntarios da biblioteca (as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria) quixeron lervos este conto tan bonito que podedes atopar na nosa biblioteca.







viernes, 14 de enero de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Retomamos as viaxes da mochila viaxeira.