domingo, 31 de octubre de 2021

Premios ás mellores decoracións de Samaín

 Adán, Lara, Rebeca Ríos, Lucía Rodríguez e Noelia recibiron un libro terrorífico como premio por facer as mellores decoracións para celebrar o Samaín . Parabéns!!!















viernes, 29 de octubre de 2021

Mochilas viaxeiras

 Esta semana o alumnado ao que lle correspondía ter durante dúas semanas as mochilas viaxeiras na casa fíxoo con moita ilusión e entusiasmo. Agardamos con moito interese as vosas opinións sobre os libros e películas que levastes.













viernes, 15 de octubre de 2021

viernes, 1 de octubre de 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS

 

    Con moita ilusión, hoxe votan a andar, un ano máis, as mochilas viaxeiras cargadas de libros e materiais que esperamos desfrutedes en familia.

Unha actividade de fomento da lectura enmarcada dentro do Proxecto Lector de Centro que irán de casa en casa con lecturas para compartir con ilusión nais, pais, fillos e fillas.

Entregaranse ao alumnado os venres e terán que ser devoltas o xoves da semana seguinte.

Os obxectivos que se perseguen con esta actividade son:

-         Dar a coñecer diversos tipos de libros.

-   Posibilitar a igualdade de oportunidades de información e formación para todo o alumnado.

-         Fomentar a responsabilidade e o coidado polos materiais.

-         Favorecer e mellorar o hábito lector do alumnado.

Para levar a cabo esta actividade, dun xeito efectivo e motivador, necesitamos que non a vexades como deberes senón como un xeito de compartir, gozar os libros e a lectura en familia. Para que actividade sexa máis enriquecedora, dentro da mochila, tedes o “Caderno viaxeiro” para que deixedes escritas as vosas impresións, suxestións, un debuxo, unha poesía, un conto ou todo aquilo que se vos ocorra. Non esquezades escribir o nome do alumno/a.

Agardamos que compartades con nós algunha as vosas vivencias.

















viernes, 30 de julio de 2021

sábado, 3 de julio de 2021

Entrega de penso

 O pasado 17 de xuño fixemos a entrega de penso para a protectora Arume. Recadamos en total 477 quilos!!!

viernes, 2 de julio de 2021

Curtametraxes

 As curtametraxes presentadas a concurso no IV Festival de Cine do colexio poden verse facendo clic nas seguintes imaxes:



Listaxe de premios: