Buscar neste blog
domingo, 20 de junio de 2021
sábado, 5 de junio de 2021
Entrega diplomas
Os participantes no programa de Voluntariado de Lectura-A (todo o alumnado de 5º e 6º) recibiron este venres un diploma e un agasallo en recoñecemento polo seu labor ao longo de todo o curso. O colexio xa premiara a súa dedicación ao regalarlles un libro que seleccionaran previamente entre unha listaxe na que figuraban algún dos mellores títulos da literatura infantil e xuvenil.
jueves, 20 de mayo de 2021
Cuña protectora Arume
Daniel, María e María José participan no programa de Voluntariado de Lectura-A do colexio. É unha iniciativa que forma parte do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias. Como parte desta iniciativa gravaron esta cuña para promover a nosa campaña de recollida de penso para a protectora Arume. Xa levamos máis de 300 kilos recadados en menos de tres semanas!!!
jueves, 13 de mayo de 2021
Día das Letras Galegas
Onte celebramos o Día das Letras Galegas no pavillón do colexio. Todas as aulas cantaron e bailaron un rap en galego. A maiores, tamén representamos dous dos Contos ó teléfono que escribiu Rodari, e que foron traducidos pola autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas: a poetisa Xela Arias.
domingo, 9 de mayo de 2021
Presentación do libro "O Irixo. Patrimonio cultural" de Xulio Dobarro
Esta semana tivemos a honra de recibir ao profesor Xulio Dobarro que presentou o seu libro O Irixo. Patrimonio cultural na biblioteca do noso colexio. Parabén e moitas grazas, Xulio!!!
sábado, 1 de mayo de 2021
Entrega libros
O alumnado de 5º e 6º forma parte do programa de Voluntariado de Lectura-A. Encárgase do servizo de préstamo na biblioteca e colabora ademais colocando os libros de forma ordenada nos andeis. O colexio regaloulle libros a susodito alumnado, que escollera previamente entre unha listaxe dos mellores libros de literatura xuvenil, como agradecemento polo seu traballo altruísta.










