viernes, 5 de mayo de 2017

Guía de campo

Guía de campo que temos na biblioteca. Neste tipo de guías os animais ou os seus rastros agrúpanse segundo o seu tamaño, forma e cor, que son as características que se poden observar ao aire libre e que permiten unha identificación fácil e rápida. 
Nelas pódense encontrar:
Fotografías ou imaxes dos animais ou dos seus rastros. 
Textos cos seus nomes, clasificación, descrición, tamaño, alimentación, hábitat, etc.
Lugares de España ou Europa onde adoitan vivir.

martes, 2 de mayo de 2017

XOGANDO AO MINIBALONMÁN



 


O pasado 26 de abril celebramos no Pazo Paco Chao a XIIª edición do Campionato de Xogando ao Minibalonmán, neste enlace podedes atopar toda a información

lunes, 24 de abril de 2017

Pegada de carteis

Vera fixo estes dous carteis para intentar atopar unha familia que adopte a este cachorro. Seguro que entre todos o logramos porque fotocopiamos oitenta copias e imos pegalos por todo O Irixo, O Carballiño e Ourense.