O venres 13 de febreiro celebraremos o Día Internacional da Muller e a Ciencia no colexio (a data oficial da celebración é o 11 de febreiro). Quen queira poderá vir disfrazado de científica ese día. A maiores, proxectaremos os vídeos dos experimentos que faga o alumnado na casa. Publicaremos os que recibamos ata o 11 de febreiro. Temos varios libros no colexio sobre experimentos. Podedes ver os que publicamos os cursos anteriores nesta ligazón.
Buscar neste blog
viernes, 30 de enero de 2026
miércoles, 28 de enero de 2026
Bolsas educación infantil
A Consellería acaba de enviarnos bolsas que solicitamos para que o alumnado de 4 e 5 anos poida utilizalas cando colla libros para levar a casa na biblioteca do colexio.
lunes, 26 de enero de 2026
Bodas de sangre
O xoves pasado celebramos a primeira reunión do club de lectura de adultos deste curso na cafetería Merey de O Carballiño, na que falamos da obra dramática de Lorca Bodas de sangre e da situación das mulleres en España na obra, na época na que está situada a peza de Lorca e na actualidade. Moitas grazas a todas as nais e profesoras que asistiron á reunión!
jueves, 15 de enero de 2026
miércoles, 14 de enero de 2026
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)










