sábado, 5 de febrero de 2022

RETO: 11 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

A próxima semana, o día 11 de febreiro, é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e para conmemorar ese día propóñovos un reto: que fagades algún experimento nas vosas casas, que o gravedes  dando unha pequena explicación, e que nolo enviedes por wasap ou a esta direción antes do xoves 10.

 irixocolexio@gmail.com

E xa vou adiantando, que todos aqueles que vos sintades científicos e científicas de verdade o venres 11 podedes vir co voso traxe de científicos a escola😉

No hay comentarios: