jueves, 23 de abril de 2026

Feira do libro

 Este ano celebraremos a feira do libro a semana posterior á celebración do Día do Libro porque esta semana o alumnado de 4.º está facendo as avaliacións de diagnóstico. Nesta ocasión, non será necesario que o alumnado traia libros da casa xa que usaremos libros que xa doou o alumnado o ano pasado e fondos da biblioteca que son bos e están en bo estado, pero que xa non imos manter na biblioteca.


 

Día do Libro

 Hoxe, para conmemorar o Día do Libro, o colexio regaloulle un exemplar adaptado de Macbeth, en inglés, a todo o alumnado de 5.º e 6.º como agradecemento polo traballo que está desenvolvendo na biblioteca dentro do programa de voluntariado escolar. A través de susodito programa o alumnado voluntario xestiona o servizo de préstamo e ocúpase de colocar e ordenar os libros nos andeis.