Con moita ilusión, hoxe votan a andar, un ano máis, as mochilas viaxeiras cargadas de libros e materiais que esperamos desfrutedes en familia.
Unha actividade de fomento da
lectura enmarcada dentro do Proxecto
Lector de Centro que irán de casa en casa con lecturas para compartir con ilusión
nais, pais, fillos e fillas.
Entregaranse ao alumnado os venres
e terán que ser devoltas o xoves da semana seguinte.
Os obxectivos
que se perseguen con esta actividade son:
-
Dar a
coñecer diversos tipos de libros.
- Posibilitar
a igualdade de oportunidades de información e formación para todo o alumnado.
-
Fomentar a
responsabilidade e o coidado polos materiais.
-
Favorecer e
mellorar o hábito lector do alumnado.
Para levar a cabo esta actividade, dun xeito efectivo e
motivador, necesitamos que non a vexades como deberes senón como un xeito de
compartir, gozar os libros e a lectura en familia. Para que actividade sexa
máis enriquecedora, dentro da mochila, tedes o “Caderno viaxeiro” para que
deixedes escritas as vosas impresións, suxestións, un debuxo, unha poesía, un conto
ou todo aquilo que se vos ocorra. Non esquezades escribir o nome do alumno/a.
Agardamos que compartades con nós algunha as vosas vivencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario