O noso querido alumno Daniel Conde, de 5º de primaria, ganou o IV Concurso Literario sobre Protección de Datos que foi convocado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Xunta de Galicia. O premio pertence ao concurso convocado o curso pasado. Non se fixera oficial aínda por que cancelárase pola pandemia. É a terceira vez consecutiva que ganamos este premio. Hai tres anos Paula Ledo ganou o concurso co relato O perigo das redes sociais e hai dous anos Elia Casares fora a ganadora coa historia Malas experiencias. Agora é Daniel o ganador. Podedes ler o seu relato na seguinte ligazón: A historia de Manuel.
2 comentarios:
Noraboa Dani!!!! Grazas por achegar a nosa escola un novo premio.
Nunca deixes de escribir, gustaríame poder seguir lendo as aventuras do inspector Henry e a súa equipa, que espero recollas na túa novela policial. 👏👏👏👏
Hola Ana son Dani. Moitas grazas por felicitarme e alegrome que che gustara o meu relato.
Publicar un comentario