O xoves tivemos a
sorte de recibir no noso colexio a visita de Rosa Cerdeira, autora do
libro Diario de Pepe. Diario de un confinamiento, libro do que é
protagonista o noso querido compañeiro de 3 anos Pepe. Durante
o 1º trimestre, os nenos de 2º e os da aula de Nila lemos o libro ao
tempo que traballamos os sentimientos e as emocións que sufrimos durante
o período de confinamento. A visita de Rosa deunos a
oportunidade de realizar un coloquio coa autora no que intercambiamos puntos de vista, sentimentos e ata agasallos. A autora ademáis de agasallarnos coa súa visita, firmou pacientemente
todos os exemplares do libro, e regalounos unha chapa de "poli".
Grazas Rosa! Pola túa visita, o teu agarimo e por darnos a oportunidade de coñecerte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario