Xa está publicado en formato dixital o novo volume da nosa revista literaria. Todo o alumnado do colexio recibiu esta mañá, coma pasou con cada unha das revistas anteriores, un exemplar en papel. Parabéns polo gran traballo feito! A desfrutar da lectura dos vosos relatos e traballos!
Buscar neste blog
martes, 22 de junio de 2021
domingo, 20 de junio de 2021
Xurado do noso IV Festival de Cine
O próximo martes entregaremos os premios do IV Festival de Cine do CEIP Virxe da Pena da Sela. Os galardóns que se darán serán os de mellor película, unha mención especial á segunda mellor curta, mellor actriz, mellor actor, mellor actriz secundaria e mellor actor secundario. O insigne xurado que decidirá quen merece cada premio estará formado polas seguintes persoas, a quen agradecemos a súa colaboración de corazón:
- Xulio Dobarro. Autor do libro O Irixo. Patrimonio cultural.
- Rosa Fuentes. Membro da ANPA do centro.
- Loli López. Orientadora do colexio
- María José Villanueva. Bibliotecaria do concello de O Irixo.
sábado, 5 de junio de 2021
Entrega diplomas
Os participantes no programa de Voluntariado de Lectura-A (todo o alumnado de 5º e 6º) recibiron este venres un diploma e un agasallo en recoñecemento polo seu labor ao longo de todo o curso. O colexio xa premiara a súa dedicación ao regalarlles un libro que seleccionaran previamente entre unha listaxe na que figuraban algún dos mellores títulos da literatura infantil e xuvenil.
jueves, 20 de mayo de 2021
Cuña protectora Arume
Daniel, María e María José participan no programa de Voluntariado de Lectura-A do colexio. É unha iniciativa que forma parte do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias. Como parte desta iniciativa gravaron esta cuña para promover a nosa campaña de recollida de penso para a protectora Arume. Xa levamos máis de 300 kilos recadados en menos de tres semanas!!!
jueves, 13 de mayo de 2021
Día das Letras Galegas
Onte celebramos o Día das Letras Galegas no pavillón do colexio. Todas as aulas cantaron e bailaron un rap en galego. A maiores, tamén representamos dous dos Contos ó teléfono que escribiu Rodari, e que foron traducidos pola autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas: a poetisa Xela Arias.











